Masterclass en Bico de Grao: "Legumes todo o ano"

Noelia Ron
en Eventos
Masterclass en Bico de Grao:

Boas xente sá:

Hoxe paso por aquí para lembrarvos o noso calendario de Novembro:

Venres 8: Masterclass de Legumes en Bico de Grao. As 18:30h, cociñarei varias receitas con legumes para que aprendamos a diversificar o seu uso, logo as probaremos. Duración 1 hora e media.

Venres 15 ou sábado 16 (o día que elixas): Masterclass de Probióticos e prebióticos, para cuidar o noso intestino, en Nai Terra as 19:00h o venres e as 11:00h o sábado. Falaremos de probióticos e prebióticos e elaboraremos receitas onde estén presentes. Duración 1hora e media.

Sábado 23 de novembro: en A Ferretería Eventos de 11:00h a 14:00h, taller de cociña "Quentándonos entre fogóns", nestes talleres cociñamos un montón de receitas entre todos, que logo desfrutamos o redor da mesa.

Pois polo de agora isto e todo. 

Se vos apetece acudir a algún taller so tedes que contactar conmigo ou cos espazos onde os organizamos.

Feliz día!!!

Noelia Ron
Escrito por

Noelia Ron

Asesora nutricional e ingeniera en industrias agroalimentarias.